2 dic 2014

A,E,I,O,U...

Os nenos/as de 5 anos A, xa coñecemos e retecoñecemos as vogais, este ano estivemos traballando con elas de moitas formas nas que nós somos os protagosnistas...representamolas entre nós no chan, fixémolas coas nosas ceras, coas nosas mans (que non é doado!) e ata nos convertemos en buscadores de palabras pola clase... mirade mirade canto aprendemos.

30 nov 2014

un pouquiño do noso magosto!

O pasado mércores 12 celebramos pola tarde o Magosto. Para iso fixemos difernetes xogos, en infantil xogamos a transportar castañas en culler, aos aros musicais e ao pasemisí, entre outros. Aínda que a choiva fixo das súas...non conseguiu acabar coa nosa festa e deixounos degustar as ricas castañas e bailar un bo anaco! Qué ben o pasamos!

15 nov 2014

Que medoooo!

ESte ano para a celebrar o Samaín fixemos varias cousiñas durante toda a semana..Nas aulas lemos contos de medo, miramos pelis, e fixemos diferetes traballos relacionados con esta festa. O mércores pola tarde, baixamos ao TÚNEL DO MEDO, non era máis que o túnel que dá acceso á aula de música, pero terrorificamente decorado, música, luces apagadas, e uns cantos profes disfrazados e dando sustiños...foi unha actividade moi positiva, a pesar de que a algúns non lles fixera moita gracia, serviunos para exterioreizar os nosos medos e aprender a enfrontarnos a eles, ademais de para pasar un rato...terriblemente divertido. Xa o xoves, viñemos disfrazados para a ocasión! os nenos/as de infantil fixemos un taller de merendas terrorificas, a profe Lorena fixo cos seus nenos Mouchos de bruxa e as demais profes Sandwiches terrorificos..logo degustámolos na merenda que fixemos todos xuntos no corredor de ifnatnil xunto con un montón de chuches. Visita ao túnel con luces encendidas e sen profes asustadores para que viran que nada era real.Festa no patio e un corto de medo para despedirnos desta terrorífica festa ata o vindeiro ano!

24 DE OUTUBRO...DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

O pasado 24 de outubro celebrouse o Dia das Bibliotecas, e no cole para iso os nenso/as de 5 anos fomos coas profes de visita a biblioteca, como xa somos os maiores de infantil, xa a coñeciamos pero repasamos como hai que estar nela, que se pode facer e que non...e ademais a profe Cris leunos o conto de Pomelo. Aproveitamos ademais para buscarnos no mural "Rodeados de mates" que o equipo de biblioteca fixo segundo o lema que leva este ano "Bibliotecas matemáticas" e para o cal pediron axuda as familias colaborando cunha foto onde aparecesen "as mates" na nosa vida cotiá. Pasamos un ratiño moi divertido!

BENVIDOS AO NOVO CURSO!

Non pensedes que as profes de Infantil nos esquecimos de compartir con vós a nosas vivencias no cole! aquí estamos un ano máis preparadas para vivir novas aventuras ao carón destes cativos. Comezamos presentandovos aos gatiños, así é coma decidiron chamar as novas incorporacións á súa aula, os peques de 3 anos que a estas alturas xa están todos requeteadaptados ao cole de maiores!
BENVIDOS AO COLE PEQUECHOS/AS!

18 jun 2014

FIN DE CURSO

Aproveitamos os últimos días para facer unha saída ao Camping Fietás e outra aos Pasales. Foi divertido!

9 may 2014

Batido de fresas para tod@s!

Na clase da profe Eva, 5 anos B, fixemos batido de fresas para merendar! O outro día a profe trouxo fresas, azucre, leite e....a batidora para mezclar todo e facer un rico batido que todos probamos e moitos repetiron! Levamos a receita para casa para facer coas familias esta merenda tan saudable!

2 de Abril..Un día moi azul!

O 2 de Abril o noso cole tinguiuse de azul para conmemorar o Día da concienciación do autismo. Moitos globos azuis, murais e historias de nen@s especiais que nos axudaron a entender un poquiño mellor que significa o autismo.

8 may 2014

Os profes ao escenario!

Onte pola tarde na última sesión de contos que tiveron os nen@s neste curso os profes quixeron facer algo diferente e non dubidaron en subir ao escenario para representar o conto "A casa da mosca chosca". Os pequen@s pasárono en grande e os profes tamén! Ademais a mosca chosca foi moi previsora e aínda que o oso comeu todo o pastel de amoras...ela tiña outro reservado para todo o alumnado cheíño de gominolas! Para finalizar esta tarde divertida fixemos un festiña con música no patio! Despedíndonos así das sesións de contos ata o próximo curso!!
Pronto teredes máis fotiños colgadas nos diferentes blogues do cole!

29 abr 2014

Un día de moito amor..

No mes de Febreiro celebramos o mes do amor e da amizade, lemos contos relacionados, fixemos murais e traballiños sobre o tema e.....repartimos moitos bicos e apertas! Unha vez máis damos gracias as familias pola súa colaboración, pois ao cole chegaron corazóns do máis orixinais!

7 abr 2014

No cole estamos á última!

No noso cole temos a sorte de contar cunha ampla variedade de recursos tecnolóxicos, portátiles, pizarras dixitais,...e agora..ata tablets! Moitos dos profes do centro están asistindo a un cursiño de formación relacionado coas tablets e nas clases comezamos a empregalas. Estamos empezando a manipulalas e pouquiño a pouco a introducilas no noso día a día. Aos peques como non podía ser doutro xeito..ENCÁNTANLLES!

Unha visita moi especial!

Fai unhas semanas a profe Angélica trouxo ao cole unhas mascotas..moi peludas! Eran dúas cobayas que aos peques nos encantou..e se non nos credes..mirade, mirade..

21 mar 2014

Benvida Primavera!

Aínda que os últimos días xa foron máis calurosos e o tempo por fin nos deixou disfrutar dos nosos recreos, non foi ata onte o cambio de estación... e aínda que a súa entrada fora un pouco chuviosa..no cole démoslle a benvida por todo o alto! Mirade que guapos lucían os nenos/as de 4 anos as súas bandeiras da primavera e as súas meixelas adornadas para a ocasión!

Aproveitamos para dicirvos que estedes moi atentos ao blogue... as profes sabemos que o temos un pouco abandonado pero prometemos poñervos ao día das cousas tan chulis que se fan no cole!