22 jun 2015

Xogos populares adaptados a pictogramas do ARASAAC

No curso de formación deste ano os profes do colexio aprendemos a facer moitas cousiñas, entre outras como facer a información mais accesible ao alumnado que así o precise. Aqui tedes unha pequena mostra, xogos adaptados a pictogramas do ARASAAC, válidos para todos os que estamos aprendendo ou ainda non sabemos ler e tamén para aqueles nenos/as que precisen aprender mediante información visual.

Xogos Educación Infantil Con Pictogramas do ARASAAC by ceipcoiron

8 jun 2015

Que lle dirías a un dinosaurio?

Na aula de 5 anos A este ano fixemos un proxecto sobre os dinosaurios e ademais de moitas outras actividades fixemos ésta con sombras que aos nenos/as lles encantou...a profe preguntoulles..QUE LLES DIRIADES SE APARECESE UN DINOSAURIO?
e estas foron as respostas...

Concurso Letras Galegas 2015!

Este ano todas as aulas de educación infantil participamos no Concurso que organiza o Concello polas Letras Galegas, e que consiste na realización dun cartel coa ilustración dun conto.
Os nenos/as de 5 anos A fixemos "O peixe Arcoiris" e resultamos ser un dos tres gañadores! Aínda que a dicir verdade...calquera aula podería ser..pois quedaron todos moi chulis!!