30 nov 2014

un pouquiño do noso magosto!

O pasado mércores 12 celebramos pola tarde o Magosto. Para iso fixemos difernetes xogos, en infantil xogamos a transportar castañas en culler, aos aros musicais e ao pasemisí, entre outros. Aínda que a choiva fixo das súas...non conseguiu acabar coa nosa festa e deixounos degustar as ricas castañas e bailar un bo anaco! Qué ben o pasamos!

15 nov 2014

Que medoooo!

ESte ano para a celebrar o Samaín fixemos varias cousiñas durante toda a semana..Nas aulas lemos contos de medo, miramos pelis, e fixemos diferetes traballos relacionados con esta festa. O mércores pola tarde, baixamos ao TÚNEL DO MEDO, non era máis que o túnel que dá acceso á aula de música, pero terrorificamente decorado, música, luces apagadas, e uns cantos profes disfrazados e dando sustiños...foi unha actividade moi positiva, a pesar de que a algúns non lles fixera moita gracia, serviunos para exterioreizar os nosos medos e aprender a enfrontarnos a eles, ademais de para pasar un rato...terriblemente divertido. Xa o xoves, viñemos disfrazados para a ocasión! os nenos/as de infantil fixemos un taller de merendas terrorificas, a profe Lorena fixo cos seus nenos Mouchos de bruxa e as demais profes Sandwiches terrorificos..logo degustámolos na merenda que fixemos todos xuntos no corredor de ifnatnil xunto con un montón de chuches. Visita ao túnel con luces encendidas e sen profes asustadores para que viran que nada era real.Festa no patio e un corto de medo para despedirnos desta terrorífica festa ata o vindeiro ano!

24 DE OUTUBRO...DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

O pasado 24 de outubro celebrouse o Dia das Bibliotecas, e no cole para iso os nenso/as de 5 anos fomos coas profes de visita a biblioteca, como xa somos os maiores de infantil, xa a coñeciamos pero repasamos como hai que estar nela, que se pode facer e que non...e ademais a profe Cris leunos o conto de Pomelo. Aproveitamos ademais para buscarnos no mural "Rodeados de mates" que o equipo de biblioteca fixo segundo o lema que leva este ano "Bibliotecas matemáticas" e para o cal pediron axuda as familias colaborando cunha foto onde aparecesen "as mates" na nosa vida cotiá. Pasamos un ratiño moi divertido!

BENVIDOS AO NOVO CURSO!

Non pensedes que as profes de Infantil nos esquecimos de compartir con vós a nosas vivencias no cole! aquí estamos un ano máis preparadas para vivir novas aventuras ao carón destes cativos. Comezamos presentandovos aos gatiños, así é coma decidiron chamar as novas incorporacións á súa aula, os peques de 3 anos que a estas alturas xa están todos requeteadaptados ao cole de maiores!
BENVIDOS AO COLE PEQUECHOS/AS!