9 may 2014

Batido de fresas para tod@s!

Na clase da profe Eva, 5 anos B, fixemos batido de fresas para merendar! O outro día a profe trouxo fresas, azucre, leite e....a batidora para mezclar todo e facer un rico batido que todos probamos e moitos repetiron! Levamos a receita para casa para facer coas familias esta merenda tan saudable!

2 de Abril..Un día moi azul!

O 2 de Abril o noso cole tinguiuse de azul para conmemorar o Día da concienciación do autismo. Moitos globos azuis, murais e historias de nen@s especiais que nos axudaron a entender un poquiño mellor que significa o autismo.

8 may 2014

Os profes ao escenario!

Onte pola tarde na última sesión de contos que tiveron os nen@s neste curso os profes quixeron facer algo diferente e non dubidaron en subir ao escenario para representar o conto "A casa da mosca chosca". Os pequen@s pasárono en grande e os profes tamén! Ademais a mosca chosca foi moi previsora e aínda que o oso comeu todo o pastel de amoras...ela tiña outro reservado para todo o alumnado cheíño de gominolas! Para finalizar esta tarde divertida fixemos un festiña con música no patio! Despedíndonos así das sesións de contos ata o próximo curso!!
Pronto teredes máis fotiños colgadas nos diferentes blogues do cole!