29 abr 2014

Un día de moito amor..

No mes de Febreiro celebramos o mes do amor e da amizade, lemos contos relacionados, fixemos murais e traballiños sobre o tema e.....repartimos moitos bicos e apertas! Unha vez máis damos gracias as familias pola súa colaboración, pois ao cole chegaron corazóns do máis orixinais!

7 abr 2014

No cole estamos á última!

No noso cole temos a sorte de contar cunha ampla variedade de recursos tecnolóxicos, portátiles, pizarras dixitais,...e agora..ata tablets! Moitos dos profes do centro están asistindo a un cursiño de formación relacionado coas tablets e nas clases comezamos a empregalas. Estamos empezando a manipulalas e pouquiño a pouco a introducilas no noso día a día. Aos peques como non podía ser doutro xeito..ENCÁNTANLLES!

Unha visita moi especial!

Fai unhas semanas a profe Angélica trouxo ao cole unhas mascotas..moi peludas! Eran dúas cobayas que aos peques nos encantou..e se non nos credes..mirade, mirade..