9 nov 2015

Samaín en 3 anos...

Os nenos e nenas de 3 anos fomos moiiiii atrevidos ao visitar o Túnel do medo e participar en todas as actividades propostas polo cole nestes días escalofriantes... Aquí vos deixamos unhas fotos de grupo no día en que asistimos disfrazados de personaxes de Samaín.

O outono xa está aquí!

Fai unhas semanas os pequerrechos do cole fixemos unha saída a Ruta da Pedra e da Auga co fin de observar os cambios acontecidos na paisaxe coa chegada da nova estación. Os peques de 3 anos estabamos moi ilusionados xa que era a nosa primeira saída no cole de maiores... Mirade que ben o pasamos!

19 oct 2015

o noso período de adaptación

Os peques do cole adaptámonos moi ben ao cole, e aínda que xa levamos algunhas semanas asistindo a xornada completa, non vos ensinamos algunhas das cousiñas que fixemos naqueles días... Aquí tedes unha mostra!

26 sept 2015

O noso primeiro día de cole!

E aquí están os máis pequerrechos do cole, os nenos e nenas de 3 anos que xa o primeiro día posaron así de guapos/as!

14 sept 2015

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Os peques do cole xa estamos de volta, coas pilas moiiii cargadas e con moitas gañas de pasalo ben e aprender un montón!
O primeiro día de cole os nenos/as de 4 e 5 anos, posaron así de guapos/as e levaron un globo de recordo deste día un tanto especial!
BENVIDOS PEQUECHOS/AS!

Os nenos/as de 5 anos A coa profe Pili O.

Os nenos/as de 5 anos B coa profe Maribel


os nenos/as de 4 anos

os nenos/as de 4 anos visitan o despacho da profe Eva

7 jul 2015

Listaxes de material de Educación Infantil curso 2015-16

LISTAS MATERIAL DE EDUCACIÓN INFANTIL.pdf by ceipcoiron

22 jun 2015

Xogos populares adaptados a pictogramas do ARASAAC

No curso de formación deste ano os profes do colexio aprendemos a facer moitas cousiñas, entre outras como facer a información mais accesible ao alumnado que así o precise. Aqui tedes unha pequena mostra, xogos adaptados a pictogramas do ARASAAC, válidos para todos os que estamos aprendendo ou ainda non sabemos ler e tamén para aqueles nenos/as que precisen aprender mediante información visual.

Xogos Educación Infantil Con Pictogramas do ARASAAC by ceipcoiron

8 jun 2015

Que lle dirías a un dinosaurio?

Na aula de 5 anos A este ano fixemos un proxecto sobre os dinosaurios e ademais de moitas outras actividades fixemos ésta con sombras que aos nenos/as lles encantou...a profe preguntoulles..QUE LLES DIRIADES SE APARECESE UN DINOSAURIO?
e estas foron as respostas...

Concurso Letras Galegas 2015!

Este ano todas as aulas de educación infantil participamos no Concurso que organiza o Concello polas Letras Galegas, e que consiste na realización dun cartel coa ilustración dun conto.
Os nenos/as de 5 anos A fixemos "O peixe Arcoiris" e resultamos ser un dos tres gañadores! Aínda que a dicir verdade...calquera aula podería ser..pois quedaron todos moi chulis!!

10 may 2015

Maruxa

Xa podedes ver o videoclip que se gravou no noso cole coa participación dos nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 4º curso.
 Dado que quedou tan ben feitiño imos participar con el nun concurso que se chama OLLOBOI, queremos que sexa o vídeo mais votado e para iso precisamos da vosa axuda. Primeiro mirade o vídeo e se pensades que merece gañar so tedes que ir ao enderezo que vos deixamos a continuación e cubrir os datos que vos piden,
RECORDADE QUE O VÍDEOCLIP chámase MARUXA.
Os nosos agradecementos a Rafa, sen ti isto non sería posible, e lóxicamente a todos os artistas que participan nesta marabilla

 
Maruxa from Ceip Coiron on Vimeo.

Para votar: https://docs.google.com/forms/d/1VLbaAGjMo-H0i61BVitqcoZnx6t6Uxt6qd9Tb9Ua6aQ/viewform?fbzx=5139188799725874659

4 may 2015

Un mundo de caramelo

Os nenos/as da clase de 5 anos A este ano para a celebración do Día da Paz traballamos unha canción que tiña por título "Un mundo de caramelo" e aproveitámola para facer esta montaxe...Esperemos que vos guste aínda que sexa con un pouquiño de retraso! :)

29 abr 2015

TARDE DE CONTOS COCORICO

O pasado mércores os pequechos pasárono en grande con esta super produción feita na casa. Unha versión de Cocorico interpretada por profesorado do colexio e coa colaboración de todos os marabillosos peques do Ceip Coirón.