Logo de rematar o proxecto sobre o corpo humano quedounos claro que para coidalo temos que mantelo en forma e levar unha dieta saudable.
E para poñer en práctica a teoría que aprendemos fixemos unha clase conxunta de braingym (ximnasia cerebral) que dunha forma extraordinaria levou a cabo a profe Eva Blanco.
Logo merendamos as brochetas de froitas que cada grupo elaborou na súa aula.
Foi unha actividade xenial!
Unha vez máis grazas a vós, familias, pola vosa colaboración!!