6 may 2016

Cociñando..

O último día antes das vacacións de Semana Santa, os nenos/as de 3 anos fixemos un obradoiro de cociña para facer oviños de Pascoa. Primeiro decoramos con acuarela a cestiña para levalos e logo...tocou cociñar!! O primeiro que tivemos que facer foi botar galletas nun recipiente e logo....machacar e machacar dentro dunha bolsa de conxelar...isto non foi tarefa sinxela...costounos bastante conseguilo!! Unha vez desfeitas as galletas mesturámolas con leite condensada e mesturamos moi, moi ben...ata conseguir unha pasta para facer as boliñas! Cando xa as tiñamos cubrimos en azucre, virutas de cores e de chocolate, cacao... e metémolas na nosa cestiña para levar á casa! Non todas claro...algunhas as comemos na clase logo de tanto traballo!! Foi un pouco custoso pero... quen dixo que os grandes chef non sudan con algunhas receitas?!?! :)
  Como nos gusta cociñar no cole!!

2 comentarios:

  1. olga ( mamá de antón)7 de mayo de 2016, 9:31

    Moitísimas gracias Lorena!!por estas cousas tan chulas q fas cos peques!e por compartilas con nos��

    ResponderEliminar
  2. grazas a vós por confiarme os vos@s pequech@s e implicarvos no día a día do cole!
    Lorena

    ResponderEliminar